martes, 18 de mayo de 2010

Proxectos europeos etwinning



O alumnado de 2º de bacharelato e de 1º de bacharelato de humanidades e ciencias sociais participa durante o curso 2009-2010 no programa europeo etwinning.



Unha actividade preparada polo departamento de latín.



No proxecto "Teaching each other" está a traballar alumnado do noso centro xuntamente con alumnado eslovaco e noruego.



Podedes botarlle un ollo ao noso blog




Este proxecto consistíu nunha experiencia de mutuo coñecemento entre estudantes de tres nacionalidades (eslovacos, noruegos e galegos) que, ó longo de todo un curso, intercambiaron información acerca das súas culturas e formas de vidas ao tempo que practicaban e ensinaban aos seus compañeiros en español e en inglés



Teaching each other on PhotoPeach
A innovación pedagóxica fundamental do proxecto consistíu en que os mesmos alumnos eran os encargados de ensinar aos seus compañeiros de outra nacionalidade, ben fora contidos culturais ou lingüísticos. Eles preparaban actividades que os do o outro grupo resolvían e devolvían para a súa correción posterior.





Os materiais producidos foron publicados na nosa wiki e no noso blog e están recompilados no twinspace.



Ao longo de todo o curso os alumnos, en grupos de dous ou tres, mantiveron nas páxinas creadas ao efecto na wiki unha longa correspondencia sobre a súa rutina diaria, os seus estudos estudos, as súas actividades de lecer, as súas lecturas, os seus gustos musicais ou artísticos, etc.

Unha presentación power point comparando rutinas diarias foi publicada no blog.



A nosa wiki alberga exercicios propostos polos alumnos galegos, realizados polos seus compañeiros e corrixidos e comentados de novo polos galegos.



Ademáis os nosos alumnos elaboraron múltiples e variados materiais en común para dar a coñecer as súas culturas aos outros países. Estes materiales ían sendo recollidos no blog, onde foron comentados polos diferentes países.





Comezamos publicando imaxes dos nosos centros e presentacións power point dos nosos pobos. Todos os materiais foron elaborados polos nosos alumnos, en gran medida con recursos de elaboración propia, as imaxes, por exemplo.



As alumnas publicaron reportaxes sobre algunhas das súas viaxes de estudos ou celebracións nos seus centros, que foron comentadas polos outros institutos.



No mes de decembro, cada país preparou presentacións power point sobre as súas tradicións navideñas e levouse a cabo un emotivo intercambio de felicitacións e agasalllos navideños entre os tres países, que quedou recollido nunha reportaxe fotográfica no blog.





Determinadas características e tradicións dos distintos pobos foron motivo de entradas no blog: a minoría húngara en Eslovaquia, o magosto, a aurora boreal a celebración do regreso do sol a Tromso, o entroido, a “feira medieval” pontevedresa, etc.

Os alumnos prepararon presentacións power point sobre a súa vida escolar que foron publicadas no blog do mesmo xeito que algún traballo escolar.



Películas que os estudantes de español eslovacos e noruegos viron coas súas profesoras nas horas de aprendizaxe de español, foron obxecto de comentario e entradas no blog por parte dos alumnos galegos.



Os tres institutos participamos xuntos cun evento na actividade europea Springday….



Chegados ao momento final da avaliación en maio, estánse a publicar presentacións power point coa evaluación do proxecto por parte de profesoras e alumnos



Levamos a cabo unha vídeo-conferencia en maio. A experiencia foi moi satisfactoria e todos estamos deseando repetila.
Vídeo-conferencia on PhotoPeach



Un artigo sobre o noso proxecto foi publicado no blog de European Schoolnet



http://blog.eun.org/etwinning/2010/05/teaching_each_other_1.html#more






0 comentarios: